Tuesday 07 de May de 2024

Unha nova edición do Campionato Galego de Percorrido de Bosque 3D chega á Pobra no 17 de xuño


A Pobra do Caramiñal ten unha nova cita co deporte no 17 de xuño co motivo do Campionato Galego de Percorrido de Bosque 3D que organiza o Club Arqueiros do Barbanza xunto coa Concellaría dos Deportes e o patrocinio de diversas entidades.

A dita proba contará coa participación de 60 arqueiros/as que deberán atinar coas frechas nas dianas volumétricas despregadas pola zona da Portela. Reunirá as modalidades de arco composto, instintivo, espido e longbow.

Polo tanto, constará dun único circuíto e varias eliminatorias, en horario de 09.00 a 20.00 horas.

Unha vez xa contados os puntos, procederase coa entrega de trofeos.